Ir o contido principal
Ficha do proxecto
  • Título: A beleza no cotián.
  • Coordinación: Francisco Conde Soto. 
  • Materia: Introdución á Estética. Grao de Filosofía. 
  • Entidade colaboradora: Asociación Itinera. Voluntarios en saúde mental. 
  • Descrición: Trátase con este proxecto de innovación mediante a metodoloxía da aprendizaxe-servizo de que o estudantado universitario da materia de Introdución á estética do grao en filosofía reflexione sobre as principais cuestións teóricas da Estética (beleza, sublime, relatividade do gusto, fronteira entre o agradábel/estético, relación estética/política etc.) mediante a prestación dun servizo á comunidade que consiste en elaborar unha cartografía estética da cidade de Santiago de Compostela. 

    Nesta cartografía crítica sinalaranse puntos esteticamente positivos e negativos, engadindo un catálogo de propostas para conservar os positivos e paliar os negativos, tendo en conta a normativa legal existente, e facendo unha valoración de conxunto acerca da relevancia dos problemas atopados. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2024.