Ir o contido principal
Ficha do proxecto
  • Título: Bioquímica veterinaria; ensinar para aprender.
  • Coordinación: Izaskun Ibarguren Arizeta e José Antonio Villamarín Cid. 
  • Materia: Bioquímica e Integración do Metabolismo. Grao en Veterinaria. 
  • Entidades colaboradoras: Unión Democrática de Pensionista e Xubilados (UDP),  Asociación Senior de Telefónica de Lugo (ASTELU), Asociación IV Ciclo Universitario do Campus Terra e Asociación Lucense de Axuda a Persoas con Enfermidade Mental (ALUME). 
  • Descrición: Neste proxecto participaron de forma voluntaria 18 estudantes matriculados nas materias. Divididos en grupos de 2-3 membros, procuraron información  e desenvolveron unha serie de temas directamente relacionados con determinados contidos das materias (azucre e diabete, colesterol, artroesclerose, circulación sanguínea, ...). Unha vez elaborados os temas, o alumnado impartiu charlas informativas dirixidos aos colectivos vencellados ás entidades colaboradoras. 
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2024.