Ficha do proxecto
- Título: EDUCO: Educación social e intervención educativa.
- Coordinación: Silvana Longueira Mato, Raquel Mariño Fernández e Miguel Nogueira Pérez.
- Materias: Xestión e desenvolvemento de programas de educación social, Planificación e deseño de programas de Educación social, Avaliación de programas de Educación social e Prácticum de Educación Social. Grao en Educación Social.
- Entidades colaboradoras: Solidariedade Internacional de Galicia; Cooperativa Feitoría Verde; Asociación Arelas, de familias de menores trans, e o IES María Sarmiento de Viveiro.
- Descrición: O obxectivo do proxecto é achegar ao alumnado a experiencias reais que teñan que ver so seu futuro desempeño profesional. As tres materias, vinculadas entre elas, permiten traballar co alumnado ao longo de todo o ano académico.
Traballáronse temas de Cooperación Internacional e Educación para o Desenvolvemento, directamente relacionados coa especialización do alumnado.