Ficha do proxecto
- Título: EXCORAS: Aprendizaxe experiencial a través do movemento na Educación Infantil.
- Coordinación: José Eugenio Rodríguez Fernández.
- Coordinador da acción #NÓSXOGAMOSNACASA: Javier Rico Díaz.
- Materias: Motricidade Infantil/Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal (Grao en Mestra/e en Educación Infantil).
- Entidades colaboradoras: Asociación ArcosTilos (Teo) e Centro Sociocultural de Laraño (Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela).
- Descrición: Este vídeo recolle o traballo feito no proxecto de aprendizaxe-servizo #NÓSXOGAMOSNACASA, recursos lúdico-educativos para publicar vídeos con contidos relacionados coa expresión e comunicación corporal para desenvolver no contexto familiar en tempos de confinamento e dando lugar á canle de YouTube, #NÓSXOGAMOSNACASA.
Esta acción está enmarcada dentro do Proxecto EXCORAS: Aprendizaxe experiencial a través do movemento na Educación Infantil, beneficiario da Convocatoria de proxectos de innovación educativa en Aprendizaxe-Servizo da Universidade de Santiago de Compostela.