Ficha do proxecto
- Título: Formación empresarial.
- Coordinación: Guadalupe Vila Vázquez, Begoña Barreiro Fernández, Sandra Castro González e Fernando Losada Pérez.
- Materia: Creación de empresas e Investigación comercial. Grao en Administración e dirección de Empresas.
- Entidades colaboradoras: Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPNAIS).
- Descrición: O proxecto de ApS que o alumnado das materias desenvolveu con ASPANAIS tratou de dar resposta a dúas cuestións fundamentais: mitigar o descoñecemento que existe na sociedade sobre a entidade e dar resposta ás dificultades na toma de decisións adaptadas ás necesidades e desexos do mercado. As visitas á entidade foron a base para o deseño de ideas, ben sobre a elaboración de novos produtos que os membros da entidade poderían producir, ben sobre a comercialización de produtos xa existentes.