Ficha do proxecto
- Título: Investigación Comercial.
- Coordinación: José Leandro Benito Torres, María Luisa del Río Araújo, Zaira Camoiras Rodríguez e M.ª Concepción Varela Neira
- Materia: Investigación de mercados. Grao en Administración e Dirección de Empresas
- Entidades colaboradoras: Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
- Descrición: O proxecto de ApS proposto vinculou a oito empresas de economía social do grupo GES, vinculado á COGAMI, coas 151 alumnas e alumnos que participaron na parte práctica da materia.
O proxecto consistiu na aplicación por parte do alumnado dos coñecementos obtidos na materia para a elaboración dunha investigación de mercados completa para as diferentes empresas de economía social coas que se colaborou. Dita investigación de mercados permitiría ás empresas identificar posibles liñas de actuación e axudar a resolver diversos problemas e dificultades.