Ficha do proxecto
- Título: Observando parques infantís.
- Coordinación: Julia Crespo Comesaña e José Eugenio rodríguez Fernández.
- Materia: Organización e xestión do centro escolar e xogo infantil. Grao en mestre/a en Educación Primaria.
- Entidades colaboradoras: Concellerías de Educación e Cidadanía e de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela.
- Descrición:
- Realizar unha observación da variable espacial dos parques infantís da cidade de Santiago de Compostela, analizando aspectos como a localización, accesibilidade, seguridade, estado de conservación e tipoloxía dos espazos.
- Observar a tipoloxía de actividades e condutas derivadas do uso destes espazos por nenas e nenos.
- Pretendeuse situar ao alumnado máis cerca da realidade e valorar, dun xeito racional e consciente, aspectos que inflúen na vida diaria das persoas. Logo do traballo realizado e analizado, deuse forma a un informe que tivo como destinatario ó Equipo de Goberno Municipal, cun contido eminentemente informativo a cerca do estado dos parques infantís. Este informe pode axudar a mellorar estes espazos lúdico-educativos, conseguindo o que se pretendía: mellorar a formación do alumnado con este tipo de experiencias educativas e, por outra banda, intentar ofrecer un servizo de mellora á comunidade, neste caso, mellorar na medida do posible a rede de parques infantís da cidade.