13.11.2025-16.11.2025 | 17.00h-14.30h
Pazo dos Deportes "Paco Paz"

Durante catro días, asociacións de toda España reuniranse para compartir moito máis que deporte: serán xornadas cheas de convivencia, inclusión, amizade e diversión. Ademais da competición, haberá actividades de ocio, convivencia e algunha que outra sorpresa. Momentos únicos nun contexto de inclusión que farán desta experiencia algo inesquecible.
Procuran persoas voluntarias, con gañas de colaborar, desfrutar e vivir de cerca o espírito do deporte adaptado. Non importa se pode vir un, dous ou os catro días: toda axuda suma!