
A Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer da Coruña (AFACO), conmemora o seu 30 Aniversario co congreso “30 anos de memoria e esperanza: avances e desafíos no Alzheimer”.
Obxectivos:
- Definir como deben realizarse as primeiras intervencións tras o diagnóstico, dende o punto de vista social e sanitario.
- Expoñer os novos avances nos tratamentos farmacolóxicos e como, dende os servizos de farmacia, se pode facilitar a adhesión ós mesmos.
- Presentar novos programas a nivel preventivo non farmacolóxico.
- Debater sobre as boas prácticas (mesa na que se contará coa participación dunha persoa afectada pola enfermidade de Alzheimer e o seu familiar).
- Definir diferentes modelos de atención.
- Afondar no tan debatido tema da soidade non desexada.
- Presentar os últimas investigacións relativas á xenética das demencias.
O congreso celebrarase os días 27 e 28 de novembro de 2025 no Paraninfo da Universidade da Coruña.
Recoñecemento
Actividade recoñecida con 1 ECTS para todas as titulacións de grao da USC. Debe realizarse o 90% do total das horas para optar ao certificado de créditos. O alumnado participante deberá entregar un traballo que consista nun resume diario e análise crítico dos contidos abordados durante o Congreso, con especial énfase na realidade social e asistencial da enfermidade de Alzheimer e outras demencias como demostración do aproveitamento do curso.
Este traballo ten que ter unha extensión de 1500 palabras como mínimo.
-
Con comidas: 100€ (xeral), 70€ (reducida: desempregadas/os, grupos de máis de seis persoas, estudantes e socias/os colaboradoras/es de AFACO).
-
Sen comidas: 50€ (xeral) e 10€ (reducida).
-
Inscrición gratuíta para aquelas persoas que presenten comunicacións orais ou pósters.
Xoves 27 de novembro
08:00 – 08:30 Acreditación e rexistro.
08:30 – 10:00 Mesa Redonda 1. Diagnóstico e primeiras intervencións.
Modera: Dra. Celia Pérez Sousa. Presidenta do Comité Científico. Neuróloga CHUAC.
- Dra. Marta Saavedra Piñeiro. Neuróloga CHUVI.
- Dr. Alberto Freire Pérez. Médico de Atención Primaria. Responsable da area de Neuroloxía da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia.
- Dr. Javier Sardiña Agra. Psicólogo Clínico CHUAC. Facultativo especialista en Psicoloxía Clínica. Vocal da división de psicoloxía clínica e da saúde – Consello Xeral de Psicoloxía.
- Dra. Mª Jesús Lago Vilaboa. Responsable do servizo de traballo social área sanitaria de Vigo.
10:00 - 10:30 Acto Inaugural
10:30 – 11:00 Pausa café. Comunicacións Póster
11:00 – 11:30 Mellora da adherencia ao tratamento farmacolóxico do paciente con Alzheimer: Sistemas Personalizados de Dosificación en Farmacia Comunitaria. Nina Villasuso Cores. Licenciada en Farmacia. Especialista en Farmacia Hospitalaria.
11:30 – 12:30 Comunicacións orais.
Modera: Dr. Iván De Rosende Celeiro. Decano da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña. Profesor Titular da Universidade da Coruña. Doutor en Ciencias da Saúde.
12:30 – 14:00 Mesa Redonda 2. Avances nos Tratamentos Farmacolóxicos.
Modera: Dra. Marta Saavedra Piñeiro. Neuróloga CHUVI.
- Dr. Carlos Spuch Calvar. Neurobiólogo. Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Universidade de Vigo.
- Dra. Raquel Sánchez del Valle. Neuróloga. Hospital Clínico de Barcelona.
14:00 – 15:30 Comida
15:30 – 16:30 Mesa Redonda 3. Programas preventivos – Terapias non farmacolóxicas.
Modera: Dona Pilar García de la Torre. Membro do Comité Científico. Doutora en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Profesora titular da Facultade de Ciencias de la Educación da Universidade da Coruña.
- Dr. Juan L García Fernández. Neuropsicólogo clínico. FAFAC (Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Cataluña)
- Dr. Javier Pereira Loureiro. Subdirector CITIC Universidade da Coruña. Programas Preventivos. Intelixencia Artificial.
16:30 – 17:00 Pausa café
17:00 – 18:00 Mesa Redonda 4. Boas prácticas na atención á persoa con Demencia.
Modera: Dona Luz Campello García. Xefa de servizo de Traballo Social Sanitario. Área Sanitaria de A Coruña- Cee. Servizo Galego de Saúde.
- Dona Marina Román Ortuño. Dirección de persoa e familia. Fundación Alzheimer Cataluña.
- Dona Inocencia García Rama. Persoa afectada pola Enfermidade de Alzheimer.
- D. Ramón García Rojo. Familiar dunha Persoa afectada pola Enfermidade de Alzheimer.
- Dona Raquel Martínez Buján. Profesora Titular do Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña.
18:00 – 19:30 Conferencia 1. Hábitos Preventivos e Saúdables.
Dr. José María González de Echávarri. Responsable Clínico Asistencial: Fundación Pasqual Maragall, Neurólogo en Grupo CREU BLANCA.
20:30 Recepción Institucional no Concello de A Coruña.
Xoves 28 de novembro
09:00 – 11:00 Mesa Redonda 5. Modelos de atención. Soidade non desexada.
Modera: Dra. Adriana Ávila Álvarez. Vicedecana da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.
- Dr. Javier Yanguas Lezaun. Xerontólogo e Dr. en Psicoloxía pola Universidad Autónoma de Madrid. Director Científico do Programa de Mayores na Fundación la Caixa.
- Dña. Matilde Fernández Fernández. Presidenta do Observatorio Estatal de la Soledad no Deseada. Licenciada en Filosofía e Letras (especialidade en Psicoloxía) pola Universidad Complutense de Madrid. Psicóloga industrial e Consultora.
- Eloína Núñez Masid. Subdirectora Xeral de Envellecemento Activo e Innovación Sociosanitaria. Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
11:00 – 11:30 Pausa café
11:30 – 12:00 Entrega Premios Concurso Relatos (Primaria) e Fotografía (Secundaria)
12:00 – 13:30 Charla Maxistral. “Base Xenética das Demencias”
Dr. Ángel Carracedo Álvarez. Catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética. É membro da Real Academia Galega de Ciencias. Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
13:30 – 14:30 EVENTO FINAL “30 Anos de AFACO», homenaxe á xunta directiva de AFACO. Clausura a cargo de paciente, familiar e autoridades.