Este curso proponse fortalecer as habilidades de pensamento crítico do alumnado universitario para a identificación e análise dos retos globais e desenvolver actitudes de transformación e compromiso coa Axenda 2030 e outros marcos de cuestionamento do sistema imperante a nivel global.
Prazo de inscrición aberto ata o 15 de marzo de 2024
Este curso proponse fortalecer as habilidades de pensamento crítico do alumnado universitario para a identificación e análise dos retos globais e desenvolver actitudes de transformación e compromiso coa Axenda 2030 e outros marcos de cuestionamiento do sistema imperante a nivel global.
O curso en liña segue unha metodoloxía de autoformación. O alumnado irá percorrendo contido teórico acompañado de exercicios prácticos para aumentar a súa comprensión e xerar unha dinámica interactiva. O curso incluirá:
- Actividades interactivas que aborden o contido de cada módulo, reflexivas e activas (non contabilizadas para a obtención do certificado).
- Un cuestionario final ao terminar os tres módulos, cuxa superación (mínimo 65% da puntuación máxima), xerará o certificado de participación personalizado.
Acreditación 1 ECTS (25 horas) para o alumnado universitario de todas as ramas de coñecemento que complete o curso.
- Módulo 1: “Intersección das opresións: Patriarcado, Capitalismo, Colonialismo” está desenvolvido a partir dos contidos sobre capitalismo, globalización neoliberal e crise do capitalismo elaborados por Luis González Reyes con adaptación de Fundación InteRed e Nodo Común.
- Módulo 2: “Sustentabilidade da vida e Axenda 2030: os coidados das persoas e o planeta no centro” está desenvolvido a partir dos contidos sobre interdependencia, ecodependencia, capitaloceno, coidados e ecofeminismos elaborados por Charo Morán con adaptación de Fundación InteRed e Nodo Común.
- Módulo 3: “Feminismo e decolonialidad: propostas para gretar o sistema hexemónico”, elaborado por Eveling Carrazco con adaptación de Fundación InteRed e Nodo Común.