Ir o contido principal

"Móvete polos ODS"

Convocatoria da IV edición concurso de vídeos "Móvete polos ODS"

Móvete polos ODS
IV Concurso de vídeos "Móvete polos ODS"
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), convoca o IV Concurso de vídeos “Móvete polos ODS”, co obxectivo de dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.

Con este Concurso preténdese ademais sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...

O Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento está conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, sendo o seu principal obxectivo e fortalecer a posición das tres universidade de Galicia como axentes de cooperación.

Os premios están dotados das seguintes contías:

  • 1º Premio ao vídeo máis votado en youtube: 550 € 
  • 2º Premio ao segundo vídeo máis votado en youtube: 350 €
  • 3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en youtube: 200 € 
  • Premio á innovación: 400 €

Máis información

Participantes

Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña no curso 2024-25.

Requisitos técnicos dos vídeos

O vídeo debe durar 1 minuto como máximo.

Pode ser en cor ou en branco e negro. 

Resolución: 1280x720p aínda que a ideal é 1920x1080p. 

Temática

Este concurso pretende convidar ás persoas participantes a mobilizarse e comprometerse fronte aos grandes retos mundiais actuais como son o cambio climático, as desigualdades sociais e de xénero, a perda da biodiversidade, a escaseza de auga, entre outros. 

A temática terá unha relación directa coa contribución individual ou de cada organización á Axenda 2030 e ós seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A documentación presentarase na sede electrónica da Universidade da Coruña.

Pasos

 Achegar por sede o formulario cuberto

A solicitude realizarase preferentemente pola sede electrónica da Universidade da Coruña https://sede.udc.gal/ dirixido á vicerreitoría con competencias en Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (Vicerretoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social no momento da publicación da convocatoria).

Utilizarase como formulario para a presentación o modelo instancia xenérica: 

Convocatoria

A solicitude presentarase no modelo xenérico da Universidade aportando a seguinte información:

Asunto: Concurso "MÓVETE POLOS ODS" DA REDE GALEGA DE COOPERACIÓN UNIVERSITARIA PARA O DESENVOLVEMENTO:

  1. Título do vídeo.

  2. Breve explicación do vídeo con referencia aos ODS da axenda 2030 abordados.

  3. Datos da persoa participante:


    1. Nome da persoa participante.

    2. Universidade de procedencia.

    3. Dirección de correo-e.

    4. Teléfono de contacto.

    5. Nº de conta bancaria para o pagamento.

Se durante o procedemento de presentación de solicitudes, tes calquera dúbida ou problema para subir o vídeo, por favor contacta con : ocv [at] udc.gal (ocv[at]udc[dot]gal)

Prazo de presentación

O prazo de presentación permanecerá aberto dende o día seguinte da publicación da convocatoria ata as 23:59 do outubro de 2024.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.09.2024.