Voluntariado para o benestar animal
Michos de Lugo é unha asociación protectora creada para mellorar a calidade de vida dos gatos de rúa, coidalos e protexelos, mirando polo seu benestar e a convivencia coa xente e a súa contorna.
A Asociación proporciona atención de alimentación e sanitaria, realiza rescates de emerxencia, ocúpase dos coidados veterinarios, de campañas de esterilización, usando o método CER (captura, esterilización e retorno á súa colonia).
As colaboracións a través do programa de voluntariado poden ser en campañas de recollida de pienso, mercadillos solidarios, difundindo apadriñamentos ou promovendo as boas prácticas en benestar animal e prevención do maltrato.