Accións de voluntariado de Cruz Vermella Xuventude (Lugo).
Apoio escolar
Apoio que se realiza de luns a xoves en horario de tarde. Cada día hai dous grupos, o primeiro de 16:30h-18:00h e o segundo de 18:00h-19:30h.
Cada voluntaria/o participa un día nun grupo.
Ciberaula
Aula situada no andar de Pediatría no HULA. O seu horario é de luns a venres pola tarde. Os sábados e domingos tamén en horario de mañá.
Talleres
Son talleres dinámicos sobre distintas materias (LGTBI, acoso, violencia de xénero, racismo, sexualidade...) Están dirixidos a alumnado de Secundaria, habitualmente en horario de mañá.
Na web de Cruz Vermella encontrarás información sobre o voluntariado no resto de localidades, Burela, Chantada, Monforte, Ribadeo, Sarria e Vilalba.
Se queres recibir información máis detallada é necesario que envíes o formulario dispoñible na web de voluntariado de Cruz Vermella ou ben contactes directamente por teléfono coa entidade.