Iniciativa de voluntariado de inclusión social no ámbito da vivenda.
Provivienda desenvolve proxectos de inclusión social orientados ao acceso á vivenda.
Programa Fogares
Intervención social dende a vivenda cara á inclusión social e laboral das persoas participantes. Intervención con familias con menores en situación de vulnerabilidade económica, minorías étnicas, persoas migrantes e/ou en situación de senfogarismo.
- Acompañamento a persoas en situación de vulnerabilidade de cara a un proceso de cambio sendo o eixe a vivenda.
- Visitas domiciliarias en unidades compartidas de convivencia.
- Xestión de doazóns e alimentos.
- Actividade de lecer e tempo libre.
- Horario: de martes a venres, de 9 a 18 h.
- Prazas: 1
Programa Lumieira
- Acompañamento en busca de vivenda
- Prospección de vivenda en Santiago.
- Adecuación de vivenda.
- Xestión de doazóns e alimentos.
- Actividades de lecer e tempo libre.
- Horario: de luns a xoves, de 9 a 18 h.
- Prazas: 1