Actividade de voluntariado no comedor social de Santiago.
O comedor, xestionado polas Irmás da Caridade, achega a xente con poucos recursos e persoas sen fogar un prato de comida quente todos os días. A este servizo accédese mediante vales que as/os traballadoras/es sociais entregan ás persoas necesitadas ou pagando un prezo simbólico de 80 céntimos pola comida.
Comedor social
Os labores serán de apoio nas comidas ou ceas: empratar, servir bebidas, preparar menaxe, axudar coas bandexas ás persoas con mobilidade reducida, realizar acollida, colaborar na limpeza e posta a punto do comedor etc.
-
Horario:
- luns, mércores e venres, de 19:30 a 21 h: 2 prazas
- Martes e xoves, de 19:30 a 21 h: 1 praza
- Sábado e domingo, de 12:30 a 14 h: 2 prazas