Iniciativa de voluntariado con minorías étnicas.
Médicos do Mundo impulsa proxectos de intervención social en defensa dos dereitos humanos, en especial o dereito universal á saúde e a mellora do acceso aos recursos sanitarios por parte de persoas inmigrantes.
Programa para a mellora do acceso aos recursos de saúde das persoas inmigrantes
- Formación de formadores en asociacións de inmigrantes.
- Formación de persoal da administración sanitaria.
- Tarefas administrativas.
- Tarefas de sensibilización cidadá e incidencia política.
- Horario: ao longo de toda a semana, en función da planificación trimestral.
- Prazas: 4 persoas.