Iniciativa de voluntariado en saúde mental
O Hospital Psiquiátrico de Conxo do CHUS brinda a posibilidade de realizar labores de voluntariado con pacientes e familiares en diferentes programas educativos, recreativos, deportivos e de dinamización cultural. Independentemente de todos os programas planificados, son flexibles e están abertos a propostas de novas actividades.
Escola de Adultos
Impartir clases a persoas ingresadas no Hospital Psiquiátrico. Grupos de 9 alumnas/os como máximo.
- Horario: luns, martes, mércores e xoves, de 17 a 19 h. (un grupo cada hora)
- Prazas: 4 (COMPLETO)
Informática
Aulas de informática para un grupo de 6 alumnas/os. Normalmente hai dous grupos: un de iniciación e outro un pouco máis avanzado para quen xa ten coñecementos e quere especializarse en redes sociais ou nalgún outro tema.
- Horario: luns (aínda que podería ser outro día), de 17 a 19 h. (un grupo cada hora).
- Prazas: 3 (COMPLETO)
Programa Amigos
Realizar acompañamentos na comunidade con persoas con enfermidade mental.
- Horario: un día a escoller en horario de mañá ou tarde en función da persoa voluntaria.
- Prazas: 4