Amigas da Terra é unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.
Universidade Residuo Cero
É un programa dirixido a toda a comunidade universitaria que queira saber máis sobre os problemas que causa a xeración excesiva de residuos.
Os/as participantes aprenderán a identificar e deseñar propostas de actuación para a redución de residuos no seu día a día, especialmente os plásticos.
Desenvolverase entre setembro e novembro de 2023.
As actividades planificadas inclúen:
- Creación dun grupo intercampus de persoas voluntarias interesadas na temática do residuo cero.
- Formación sobre residuo cero e outros temas relevantes.
- Realización de encontros virtuais con persoas que xa iniciaron o seu camiño cara ao residuo cero, para que compartan a súa experiencia connosco.
- Obradoiros presenciais sobre diferentes aspectos do residuo cero, como a reutilización e reparación de obxectos.
- Difusión do proxecto a través das redes sociais, coa colaboración das persoas voluntarias.
Todas as accións —por pequenas que sexan— van contribuír ao cambio.
Se antes de inscribirte no programa de voluntariado queres contactar co equipo de Amigas da Terra podes facelo a través do whatsapp (611063186) ou ben do correo activistas [at] amigasdaterra.net (activistas[at]amigasdaterra[dot]net)