A actividade está organizada polo Grupo Compostela de Universidades, en colaboración especial coas entidades Asociación Betula, EuroEume, Grupo Naturalista Hábitat, Rural-C, o Concello de Monfero e a Universidade de Santiago de Compostela, e está patrocinada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, para o ano 2025.
Este programa desenvolverase no bosque atlántico do Concello de Monfero, Fragas do Eume e a súa contorna, dende o 23 de setembro ao 7 de outubro de 2025.
Incide na agroalimentación, no medioambiente e no turismo para acadar obxectivos de transición ecolóxica, cohesión territorial e social, transformación dixital, igualdade de xénero no rural, crecemento poboacional en zonas deprimidas, interacción coa sociedade rural atlántica, e oportunidades de turismo respectuoso e sustentable.
Horario: 6 horas de voluntariado máximo cada xornada da actividade.
Prazas: 14: sete persoas de entre 18 e 35 anos e sete persoas maiores de 55 anos, galegas e estranxeiras empadroadas en Galicia.
Para mais información: Programa de Voluntariado Interxeracional do GCU
Tarefas:
- Recuperación do bosque atlántico de Galicia.
- Identificación de puntos chave para o potencial emprazamento de estacións meteorolóxicas.
- Busca de patrimonio material oculto.
- Identificación de patrimonio inmaterial relacionado cos bosques de Galicia.
- Busca de oportunidades no rural galego para o desenvolvemento do pequeno comercio.
- Valorización de ecosistemas sustentables.
- Participación noutras actividades culturais e de inserción social e coa súa contorna.
Coberturas ás persoas voluntarias:
- Dietas estipuladas por cada xornada completa de voluntariado (6 euros), sendo que unha xornada complétase con seis horas de voluntariado.
- Aloxamento para pernoitar para aquelas persoas voluntarias que non teñan opción de volver á casa no mesmo día.
- Transporte local desde o punto de encontro en Monfero ata os puntos de destino para a realización dos labores de voluntariado e viceversa.
- Os medios que se consideren necesarios para a realización das actividades de voluntariado.
- A participación nas actividades complementarias que no seu caso se realicen.
- Seguro de responsabilidade civil e accidentes.
- Un curso de formación sobre voluntariado.
- Talleres e mentorías.
Recoñecemento da acción voluntaria: na medida en que se cumpran as formalidades de participación requiridas, as persoas voluntarias serán recoñecidas con:
- Diploma acreditativo da actividade por parte do Grupo Compostela de Universidades.
- Recoñecemento das accións voluntarias no Rexistro de Voluntariado de Galicia da Xunta de Galicia.
- Ata 3 ECTS por parte da USC. Para poder facer efectivo este recoñecemento académico é imprescindible que as persoas interesadas cubran o formulario correspondente ao curso 2024/2025 do SEPIU, cumprir coa parte formativa correspondente e facer unha tarefa/reflexión de 1.000 palabras de extensión como mínimo sobre a experiencia que recolla opinións sobre as aprendizaxes obtidas (de carácter persoal, académico e incluso profesional), o nivel de satisfacción coa colaboración realizada, así como propostas de mellora sobre calquera aspecto que se considere relevante (se fora o caso).
Inscrición:
- Formulario en-liña de solicitude.
- Anexo I á solicitude. Declaración xurada, debidamente cumprimentada e asinada.
- Copia escaneada de todas as páxinas con información do documento nacional de identidade ou pasaporte.
Ademais aportarán, se fose o caso, a seguinte documentación e/ou méritos:
- Acreditación de perfil relacionado coas accións voluntarias a desempeñar (ex.: ciencias sociais, ciencias xurídicas, ciencias da auga e da terra (medio, eco), turismo, administración e empresas, ciencias culinarias, e outros afíns; e/ou outros afíns por experiencia profesional ou vital distinta de estudos).