Constituíuse en febreiro de 2006 procurando a plena integración familiar, escolar, social e laboral para mellorar as condicións e a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down.
A Fundación Down de Compostela ofrece a posibilidade de colaborar como voluntaria/o nas súas actividades de lecer e tempo libre.
Actualmente axudan a máis dun cento de familias que teñen no seu seo a unha persoa coa Síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual.
Vida independente
Apoio á vida independente na fin de semana, ben o sábado ou ben o domingo en horario de tarde en actividades normalizadas como dar un paseo, ir tomar algo, ir ao cine, etc.
- Horario: sábado e/ou domingo, de 17 a 20 h.
- Prazas: 2