Ir o contido principal
A Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) é una ONG sen ánimo de lucro, laica, independente de calquera opción partidista, defensora dos valores democráticos dende unha opción de xustiza social e económica e que aposta polo pacifismo, a tolerancia e o diálogo.

Na liña educativa, ACPP afronta a realización de traballos e estudos orientados ao apoio e desenvolvemento das actividades de educación pola paz e sensibilización. Os seus obxectivos son fomentar a tolerancia, solidariedade e interculturalidade á vez que se combate o racismo e a xenofobia para que a sociedade tome unha posición activa na defensa dos dereitos humanos.

Realizan un traballo continuado coas cidadás e cidadáns galegos co obxectivo de construír unha cidadanía crítica, solidaria, activa e consciente dos seus dereitos e deberes e participativa. Este traballo realízase dende diferentes ámbitos como son a educación en valores, educación para a paz e o desenvolvemento, a sensibilización e a cooperación no exterior.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.08.2023.