Ir o contido principal
O seu obxectivo é formar persoas socialmente comprometidas cun alto sentido da cooperación e a fraternidade e contribuír na educación do tempo libre como instrumento de solidariedade, comprensión mutua e progreso social e cultural.

Altair Galiza é unha asociación sen ánimo de lucro que forma parte do movemento internacional Altair de educación nos tempos libres. Trátase dun proxecto que nace coa vontade de fortalecer os vínculos e o coñecemento da contorna das crianzas, construíndo un lugar inclusivo, de aventura e educación en valores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.06.2024.