Son unha fundación que aposta por unha educación transformadora que xere a participación activa e comprometida de todas as persoas a favor da xustiza, a equidade de xénero e a sostibilidade social e ambiental.
InteRed Galicia ten como obxectivo traballar polo dereito á educación transformadora, de calidade e inclusiva, para acadar a igualdade e polo dereito a unha vida libre de violencias machistas.
Sementando Coeducación dende o Rural: Os Coidados como Xermolo para a Sustentabilidade da Vida.
Implementación da estratexia de comunicación do proxecto. Accións:
- Elaborar e difundir contido divulgativo en boletín, apps de mensaxería e RRSS de InteRed. Exemplo: publicacións didácticas nas RRSS de InteRed Galicia (Instagram e Facebook).
- Gamificación: Gamificación nos obradoiros coas RRSS para atraer novo público ás mesmas.
- Difusión das actividades do proxecto en RRSS. Exemplos: difusión dunha formación ou publicación sobre como foi un obradoiro.
- Deseño e elaboración de carteis para a difusión de diversas actividades do proxecto como formacións, encontros, intercambios, etc.
- Difusión en RRSS dos produtos audiovisuais creados pola mocidade implicada no proxecto (Produtos das accións de mobilización social).
Horario: Non se esixe un horario específico nin ríxido, se non unha dedicación de 2-3 horas por semana no máximo que dependerán do día no que se realicen actividades, no que se fagan publicacións en RRSS, etc
Prazas: 1 persoa (ou 2 se fose posible, para poder ir alternándose por períodos ou se unha non pode en algún momento concreto)