Iniciativa de voluntariado cultural no Museo Massó.
O Museo Massó ocupa os edificios máis antigos da conserveira Massó e ofrece un achegamento ao mar e a explotación dos seus recursos a través das industrias da salgadura, das conservas e das factorías baleeiras.
Documentación, difusión e conservación
- Aprendizaxe na catalogación e inventario dos fondos museográficos e documentais
- Aprendizaxe nos programas de comunicación dos contidos das coleccións ao público
- Aprendizaxe na elaboración de informes de estado de conservación dos fondos museográficos e documentais e nocións básicas sobre conservación preventiva dos mesmos.
- Horario: martes a venres de 10 a 15 h.
- Prazas: 1