Programa de voluntariado cultural.
O Museo das Peregrinacións e de Santiago ofrece unha visión da evolución das peregrinacións e a cidade de Santiago de Compostela a través de pinturas, esculturas, pezas de prataría e acibecharía, gravados, e restos arqueolóxicos e etnográficos.
Área de Documentación
- Apoio en tarefas de Documentación do museo (inventariado, documentación gráfica, etc.).
- Colaboración en tarefas de xestión administrativa.
- Colaboración en tarefas da biblioteca do museo.
- Horario: variable, en función das necesidades do museo (máximo 3 días semanais) e a establecer, entreas 9:30 e as 14 h (máximo 2 h/día).
- Prazas: 3 alumnas/os como máximo por curso académico.