Iniciativa de voluntariado con menores de familias monomarentais na cidade da Coruña
Neste proxecto, o alumnado universitario terá a oportunidade de participar nos proxectos de aula destinados ao estudo e asistencia educativa para nenas, nenos e adolescentes durante as tardes de luns a venres.
Familia EDUCA
O proxecto céntrase en previr a exclusión social en familias en risco. Principalmente dirixido a familias monoparentais encabezadas por mulleres e a nenos en contornas socioeconómicas desfavorecidas, o proxecto ten como obxectivos:
- Integrar socialmente ás familias monoparentais e promover a inclusión dos menores.
- Mellorar a autoestima dos participantes e o autoconcepto das nenas e nenos.
- Promover a igualdade de xénero e o respecto á diversidade.
- Capacitar ás nais para a autonomía económica e axudar ás nenas e nenos nos seus hábitos de estudo.
- Apoiar a parentalidade positiva e fortalecer os vínculos familiares.
- Fomentar o uso de recursos comunitarios e condutas saudables no tempo libre.
- Promover a participación cidadá e comunitaria, involucrando aos nenos.
- Ofrecer servizos de apoio á conciliación para estas familias, facilitando a súa participación na vida social.
Hai tres puntos de atención:
- Zona Os Mallos, San Luis Gonzaga, rúa San Rosendo, 13 - 3.º, A Coruña.
- Horario: luns a vernes, de 17 a 20 h.
- Prazas: 2
- Zona Los Rosales, Parroquia El Socorro, praza do Pai Gil, 1, A Coruña.
- Horario: luns a venres, de 16 a 20 h.
- Prazas: 2
- Zona Ventorillo, Parroquia El Pilar, rúa Alcalde Salorio Suárez, 24, A Coruña.
- Horario: luns a venres, de 17 a 20 h.
- Prazas: 1