Centro dependente do Concello de Santiago, ofrece programas de apoio escolar e acompañamento a menores
Este CSC do Ensanche ubicado na rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, baixo ten especial atención a poboación inmigrante do barrio, así como actividades para persoas maiores. Estas iniciativas permiten a participación en tarefas en réxime de voluntariado.
Proxecto: Algo máis que deberes
Este proxecto está dirixido a nenas e nenos de educación primaria. Ademais de proporcionar apoio para realizar os deberes, desenvolveranse dinámicas e xogos para mellorar as súas competencias escolares. A actividade estará a cargo dunha persoa diplomada en Maxisterio.
- Horario: luns, martes e mércores de 18 a 20 horas, segundo a dispoñibilidade da persoa voluntaria.
- Prazas dispoñibles: 7 (COMPLETO)