A Escola Deportiva Santiago ofrece a posibilidade de participar en réxime de voluntariado en tres de programas: monitorización e acompañamento dun dos seus equipos prebenxamín e benxamín; charlas formativas sanitarias; e como analistas da Liga Esforzo, Deporte e Saúde.
Voluntariado deportivo EDS
Monitorización e acompañamento dun dos equipos de fútbol da entidade deportiva, en categoría prebenxamín e benxamín coincidindo co curso académico escolar.
Acompañarán na xestión de todo o relativo ao equipo no que desenvolvan a súa acción voluntaria: parte deportiva, física e emocional de cada membro do equipo, comunicación coas familias, preparación do material.
Entrarán a formar parte dun equipo de monitores e adestradores, dirixido pola Coordinación da Escola, cos que compartirá os obxectivos, a visión e as decisións importantes da entidade.
- Horario: 18:30 h a 20:30 h (martes, mércores e venres). Sábados (calendario competición).
- Lugar: Campo polideportivo da USC no Campus Vida e Campo Municipal de fútbol de Belvís.
- Prazas: 4.
Reunións formativas
Reunións formativas para nais e pais no Centro Socio-Cultural de Santa Marta. As persoas voluntarias ocuparanse de coordinar as sesións e dirixir os protocolos preventivos. Comezará o 9 de outubro.
- Horario: venres de 19 h a 20:30 h.
- Prazas: 2.
Liga E.D.S. (Esforzo, Deporte e Saúde)
Competicións deportivas con nenas e nenos de 4 a 14 anos sen contacto físico, onde se analizará o comportamento dos deportistas e a mellora baseada na resolución de problemas e toma de decisións.
Precísanse voluntarias/os para analizar e gravar as accións técnico-tácticas dos xogadores.
A actividade desenvolverase no campo de fútbol da USC.
- Horario: Venres, de 17 h a 20 h.
- Prazas: 6.