Iniciativa de voluntariado con persoas maiores en ASDEGAL
ASDEGAL é unha ONG que pretende ser canle de solidariedade para contribuír a crear unha sociedade máis xusta e humana mediante a promoción e o desenvolvemento de programas de acción social, voluntariado e cooperación, dirixidos a persoas de calquera idade e sexo que se atopen en situación de necesidade, calquera que sexa a súa causa.
Programa de acompañamento a persoas maiores, "Acompañando Soidades"
Acompañamento a maiores en domicilios e tamén en consultas médicas.
- Horario: luns a venres (Determinar coa/co usuaria/o).
- Prazas: 15