Resultados
A residencia Bal y Gay da USC organiza un taller de restauración de mobles no marco do programa ‘Corresponsabilízate!’
A traballadora da USC Julia Galego Varela impartirá este luns a primeira sesión de 19.00 a 21.00 horas. A segunda xornada formativa será o mércores 27 no mesmo horario
A aceleradora do sector alimentario Business Factory Food, na que participa a USC, presenta a súa oferta en Lugo e Santiago
A sesión pública programada no campus de Lugo desenvolverase o 27 de marzo no edificio Cactus e replicarase no Cibus de Compostela o vindeiro 8 de abril
A EPS de Enxeñaría reivindica a figura dos e das enxeñeiras forestais no Día Internacional dos Bosques
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría celebrou este xoves 21 de marzo o Día Internacional dos Bosques cunha xornada ateigada de actos conmemorativos que se abriu cunha conferencia a cargo de...
As V Xornadas XuvenCiencia para Profesorado citan este venres en Veterinaria arredor de 50 docentes de ensino medio de Galicia
O programa comezará ás 17.00 horas e permitirá a posta en común das experiencias xa realizadas cos kits Animal CSI, Aqualab, Photonics Explorer, RescueMe e Vitroplan
Especialistas europeos avalían a eficacia das axudas outorgadas á acuicultura europea
Investigadores da USC participan nun estudo internacional que cuantifica por vez primeira o volume total de subsidios ao sector
A fase final das Regueifiñas debate sobre a incidencia das redes sociais na sociedade actual
Enmarcadas no ciclo de Regueifas de Ciencia, esta é unha convocatoria que se dirixía a centros de secundaria, Bacharelato e FOP galegos
O Festival de Teatro Universitario celebra as vodas de prata en Lugo do 26 de marzo ao 1 de abril cun programa de calado social
Catro compañías presentarán as súas montaxes no ‘Gustavo Freire’ nun certame que festexará o Día do Teatro con intervencións na rúa e a lectura pública dun manifesto
A USC premia por segundo ano consecutivo os proxectos de ApS das súas aulas
Unha iniciativa de recuperación das tradicións a través da música e das artes fíxose co primeiro premio dos galardóns Responsabilidade Social e Innovación Educativa
A IV Findecurta abre o seu período de inscrición entre o 22 de marzo e o 23 de abril
O certame audiovisual para o impulso de novos creadores ‘Findecurta’, o cal chega xa á súa cuarta edición, abre o seu período de inscrición entre os días 22 de marzo e 23 de abril na Oficina de...
O terceiro Ciclo de arqueoloxía, arqueobotánica e mulleres dedicaráselle a Lydia Zapata
Unha decena de mulleres arqueólogas chegadas de todas as partes do mundo participarán o 25 de abril na terceira edición do Ciclo ARCH-BOT de arqueoloxía, arqueobotánica e mulleres, nesta ocasión dedicado á memoria da investigadora vasca Lydia Zapata, unha das mellores especialistas europeas en Paleobotánica finada en 2015.
A EPS de Enxeñaría aborda este venres nun foro promovido por Aeipro os novos enfoques na dirección de proxectos
A vicerreitora Montserrat Valcárcel abrirás as 16.30 horas a xornada técnica, que estará precedida dun taller de competencias profesionais impartido por Martínez Almela
Formación do Profesorado acolle este venres unha xornada de orientación laboral para estudantes e titulados
A sesión, impartida por Gloria Cruz, comezará ás 11.30 horas, no salón de actos do centro universitario lugués
O XVII Encontro Universitario de Danza presenta este xoves no Vello Cárcere de Lugo coreografías de tres compañías da USC
O programa de representacións comezará ás 20.30 horas. A entrada é libre e de balde para todas as actuacións