Últimos días para presentar proxectos á sexta convocatoria Seed Funding de EUniWell
O prazo de envío de propostas pecha o 10 de marzo e os proxectos innovadores seleccionados poderán recibir unha subvención de ata 25.000 euros
O prazo de envío de propostas pecha o 10 de marzo e os proxectos innovadores seleccionados poderán recibir unha subvención de ata 25.000 euros
A graduada en Nutrición Humana e Dietética María Flórez Mora desenvolve na súa tese, dirixida por Manuel Vázquez e Patricia Cazón, películas activas de quitosano con aceite esencial de sándalo, extractos de ortiga e da alga kelp de azucre que supoñen unha alternativa aos separadores de queixo e aos envoltorios plásticos da manteiga
O acto central na USC da V Semana Universitaria da Economía Social desenvolveuse na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais coa explicación dos modelos de negocio de varias entidades e a inauguración da mostra sobre a historia do sector en Galicia
Unha instalación creada por estudantado de Ciencias da Educación dá visibilidade na Praza de Praterías e na Casa do Cabido á figura, ata o de agora descoñecida, da muller que chegou a converterse na primeira estrela do teatro lisboeta Dona María II
Recentemente fora elixida vicepresidenta primeira da Real Sociedade Matemática Española
A USC conmemora o Día Internacional das Mulleres coa lectura do Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria e cun amplo abano de actividades que se desenvolven nos campus de Santiago e Lugo
Entre as resolucións acordadas pola Comisión nesta primeira xuntanza, tratouse a proposta de subscrición por parte da USC de acordos con entidades promotoras de residencias universitarias baixo condicións específicas de acordo co Concello. A xestión administrativa e transferencia do coñecemento, o Plan Especial do Campus, así como a delimitación dos seus viais, e as infraestruturas son os primeiros eixes de traballo para os que se constituirán grupos de traballo específicos nas próximas semanas
Estenderase ata o próximo 11 de marzo
O programa desta actividade botou a andar este martes e terá unha segunda sesión a vindeira semana. Buscan capacitar o estudantado no desenvolvemento de funcións de representación dentro da comunidade universitaria
O programa de capacitación en habilidades empresariais para persoas con síndrome de Down impulsado desde a Aula TIC-Pemes da USC bota a andar na Facultade de ADE con 8 persoas con discapacidade intelectual que, acompañados de voluntariado da USC, completarán estadías profesionais durante dous meses en empresas de Lugo tras recibir 30 horas de formación específica
Por primeira vez ofrécese, xunto á información literaria, histórica e biográfica de trobadores e xograres, a posibilidade de visualizar graficamente as relacións entre eles
A biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais crea, con motivo do 8 de marzo, unha mostra bibliográfica coa que quere visibilizar a presenza feminina na economía social e o cooperativismo. Ademais da mostra virtual, unha pequena representación desta documentación amósase na entrada da biblioteca entre os días 4 e 15 de marzo.
As sesións terán lugar durante o primeiro semestre do ano, co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos. É necesaria inscrición previa.
O estudo realizado dende a área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC evidencia que existen diferenzas nas prevalencias de obesidade entre as Comunidades Autónomas, sendo as do noroeste e as do sur as que presentan as cifras máis elevadas
Na actualidade cursa o Programa de Doutoramento en Enxeñaría Química e Ambiental
Nacións Unidas conmemora cada 8 de marzo o Día Internacional das Mulleres que en 2024 desenvólvese baixo o lema ‘Investir nas mulleres: acelerar o progreso’