Pasar al contenido principal

TFM

Os Másteres conclúen coa elaboración e defensa pública dun Traballo de fin de máster que debe realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFM consiste nun traballo persoal, dirixido por un/ha tutor/a, que permita aplicar os coñecementos adquiridos nas materias do Máster e debe estar relacionado coas súas áreas de coñecemento.

O  TFM será exposto unha vez que se teña superado o resto das materias do Máster e deféndese ante un tribunal nunha sesión pública.

O principal obxectivo do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización por parte do estudante, de forma individual ou en grupo, dun traballo no ámbito da enxeñaría ambiental como aplicación dos coñecementos e competencias adquiridos na súa formación, a efectos de simular unha actividade profesional anticipada, xa sexa dentro do campo científico, técnico ou de xestión, que permita completar a súa formación académica, de acordo cos intereses persoais do alumno.

O Traballo de fin de máster realízase durante os tres últimos meses. O alumno elixirá un tema sobre o que desenvolverá un traballo singular coa axuda dun titor.

Facilítase especialmente a colaboración con empresas ou outros axentes externos ao máster.

O obxectivo principal do Traballo Fin de Máster (TFM) é a realización dun traballo no ámbito da Enxeñaría Química e Bioprocesos de natureza profesional ou investigadora no que se sinteticen e integren as diferentes competencias adquiridas nas distintas materias que integran a Titulación, contribuíndo así mesmo a complementar a súa formación.

TFM en Enxeñaría Ambiental

TFM en Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data

TFM en Computación de Altas Prestacións

TFM en Enx. Química e Bioprocesos

Trabajos de Final de Máster del centro
Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.10.2021.