Pasar al contenido principal

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela ben de recoller, dun xeito unificado e ordenado cronoloxicamente, un conxunto de accións individuais que se levan realizando dende hai anos no Centro para as que existe un nexo común, e cuxo obxectivo último é o de guiar, orientar e formar de xeito máis integral ao alumnado dos distintos graos que se imparten no centro

O PAT establece como o centro acolle, orienta e tutela ao alumnado dos títulos de grao, na súa incorporación á universidade e durante todo o período de estudos, para favorecer a aprendizaxe, o seu desenvolvemento e a orientación laboral

  • Facilitar ao alumnado a integración e participación no sistema universitario
  • Facilitar información ao alumnado sobre aspectos académicos relacionados co desenvolvemento dos plans de estudos, horarios, actividades académicas, programas existentes (ERASMUS, SICUE, titores, prácticas externas) e materias (Traballo Fin de Grao, Prácticas Externas),  
  • Dotar a Facultade de mecanismos adicionais de comunicación cos/as estudantes.
  • Realizar un seguimento personalizado do alumnado
  • Dotar ao alumnado de novos coñecementos, destrezas, habilidades, competencias e capacidades que melloren a formación recibida a través dos plans de estudos dos graos mediante actividades concretas (obradoiros, charlas, conferencias...)
  • Orientar ao alumnado sobre a súa traxectoria curricular, informalo sobre a oferta de saídas profesionais dispoñibles para egresados/as da Facultade de Bioloxía, sobre a súa inserción laboral e sobre a existencia na USC da Área de Orientación Laboral e Emprego, que ofrece servizos de orientación laboral, formación para a empregabilidade, información profesional e emprego.  
Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.09.2024.