Ir o contido principal
  • USC

Programa AKADEMIA

Programa AKADEMIA
Programa AKADEMIA
O programa Akademia busca estudantes coma ti, persoas inquietas, proactivas, con capacidade e ganas de atopar solucións aos problemas que están por chegar, de sentar as bases do seu propio futuro profesional desde un punto de vista innovador e sostible.
AKADEMIA rétate a mirar máis alá e a entender o que ven.
Non agardes a que outros decidan o teu futuro.

Estás terminando a carreira e sentes que todo está por descubrir. Se respondes ‘si’ á maioría das preguntas, esperámoste en AKADEMIA:

  • Tes a sensación de que non sabes cal é o seguinte paso na túa carreira?
  • Preguntácheste que papel xogará a innovación na túa vida?
  • Queres saber como a IA transformará o teu futuro?
  • Queres atopar unha maneira diferente de facer as cousas con xente que ten as mesmas inquedanzas ca ti?
Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2025.