As prácticas académicas externas son unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada pola USC que ten por obxectivo permitirlles aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica de Grao e Máster.
Ao tempo, as prácticas permiten a adquisición de competencias que lles preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a súa empregabilidade e fomentan a súa capacidade de emprendemento.