A Facultade quere ser recoñecida no contexto universitario e social como unha institución pública de ensino superior que desenvolve programas formativos da mellor e máis adecuada calidade para o seu estudantado, e que dá resposta ás necesidades do sistema educativo e social máis próximo, así como ás demandas do mercado laboral, tecnolóxico e investigador, ao tempo que asegura unhas condicións de desenvolvemento profesional axeitadas ao seu persoal docente, investigador e de servizos, e que rende socialmente contas do investimento e optimización dos seus recursos.
A Facultade de Formación do Profesorado é consciente da importancia que ten a calidade no contexto universitario para garantir programas formativos que dean resposta ás demandas de excelencia no contexto universitario.
Tomando como referencia a política de calidade da USC, enmarcada dentro do despregamento do seu plan estratéxico, a Facultade elabora a súa política marcando como principal obxectivo desta o desenvolvemento de programas formativos que estean avalados por unha xestión de calidade como elemento clave e estratéxico para establecer un compromiso de máxima eficacia cos nosos grupos de interese.
Para acadar eses obxectivo, a Facultade de Formación do Profesorado desenvolve a súa política de calidade baixo os seguintes principios:
- Preservación e potenciación dos nosos propios sinais de identidade.
- Respecto aos dereitos de todas as persoas e compromiso coa equidade, coa igualdade entre o home e a muller, e coa eliminación de todo tipo de discriminacións.
- Orientación ao estudantado do programa formativo, entendendo que é o seu principal receptor.
- Procura permanente da excelencia, garantindo unha oferta académica acorde coas necesidades e expectativas das e dos nosos usuarios e da sociedade en xeral.
- Compromiso coa transparencia, o rendemento de contas, a eficiencia e a eficacia na xestión dos recursos e o desenvolvemento sustentable.
- Compromiso cunha xestión baseada no diálogo, a participación, a confianza e a responsabilidade compartida.
- Compromiso coa transferencia de coñecemento e de servizo á sociedade, como contribución ao desenvolvemento educativo, social e económico de Galicia.