Ir o contido principal

Recoñecementos de créditos

A normativa de recoñecementos na USC está recollida no Regulamento en materia de recoñecemento e transferencia de créditos para os estudos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobada polo Consello de Goberno o 24 de xullo de 2024, en vigor dende o 1 de febreiro de 2025.

  • Créditos superados noutros estudos oficiais, na mesma ou noutra universidade (Capítulo II do Regulamento) .
  • Experiencia profesional e laboral (Capítulo VI do Regulamento). Máximo 15% do total de créditos da titulación.
  • Actividades universitarias ou de competencias transversais, como créditos optativos (Capítulos III e IV do Regulamento e Resolución Reitoral do 5 de febreiro de 2025). Límite máximo de 12 créditos ECTS nas titulacións de Grao e 10% do total de créditos do plan de estudos no caso das titulacións de máster.
  • Outros estudos de educación superior e por estudos propios universitarios (Capítulo IV do Regulamento). As táboas de recoñecementos por estudos técnico superior de formación profesional poden consultarse na seguinte ligazón.
  • Por adaptación de estudos (capítulo VII do Regulamento)
  • Por validación parcial de estudos estranxeiros (Capítulo VIII do Regulamento). Para ser admitido/a na USC a través deste procedemento deberá obter o recoñecemento previo dun mínimo de 30 ECTS nas materias do grao para as que se solicita a admisión.
  • Os traballos de fin de grao e de fin de máster.
  • As materias superadas nun grao, diplomatura, arquitectura técnica e enxeñaría técnica como materias de máster universitario oficial.
  • As materias xa cualificadas como resultado dun proceso de recoñecemento de créditos non poderán dar lugar a recoñecementos posteriores noutro título de grao ou máster.
  • As prácticas externas realizadas nuns estudos universitarios para outros conducentes a unha titulación universitaria oficial diferente a aquela na que se realizaron as prácticas.
  • As prácticas extracurriculares polas prácticas curriculares previstas nos plans de estudos.
  • Os requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos universitarios estranxeiros.
  • Os realizados na modalidade de matrícula extraordinaria.
  • Os estudos non universitarios que non estean previstos na normativa reguladora e non sexan equivalentes academicamente a estudos recoñecibles.

O procedemento para a solicitude e tramitación de recoñecementos está recollido no título IV do Regulamento. Pódese acceder ao catálogo de procedementos da Sede Electrónica para facer a solicitude que corresponda en cada caso nesta ligazón.

IMPORTANTE: Para continuar estudos en titulacións de grao o estudantado deberá ter recoñecidos como mínimo 30 ECTS na titulación na que solicite cursar estudos.

O artigo 6 do Regulamento introduce a posibilidade de solicitar unha consulta previa do expediente para os efectos de ser informado/a das materias e actividades recoñecibles nunha titulación impartida na USC. Esta consulta é obrigatoria nos supostos nos que o acceso á universidade precise do recoñecemento dun mínimo de créditos en aplicación da normativa de acceso e/ou continuación de estudos. Quen solicite esta consulta previa deberá aboar a tarifa prevista para o estudo do expediente. (Artigo 6 do Regulamento e Resolución Reitoral da convocatoria)

Táboas de recoñecementos

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.03.2025.