Ir o contido principal

Actualidade

O hospital veterinario Rof Codina lanza unha campaña gratuíta para controlar o peso e reducir a obesidade en mascotas

O proxecto de investigación coordinado por Antonio González Cantalapiedra, María Luisa Suárez Rey e Silvia Fernández Martín ofrece de balde revisións do estado de saúde dos animais, ademais dunha dieta gratuíta durante tres meses. As persoas interesadas poden informarse a través do teléfono 982 820 920 ou no enderezo electrónico obesity@rofcodina.org

Ler máis

O grupo Acuigen ensaia en peixe cebra un composto velenoso dun polbo australiano que frea o melanoma mutado por BRAF

Os investigadores da área de Xenética na Facultade de Veterinaria do Campus Terra Laura Sánchez, Pablo Cabezas Sainz e Sabela Fernández Vila probaron nun modelo ‘in vivo’ os efectos terapéuticos do péptido ao abeiro dun proxecto internacional liderado por María Ikonomopoulou, do IMDEA, segundo recolle un artigo publicado en British Journal of Pharmacology

Ler máis

Veterinaria aborda nun ciclo as melloras de produción no sector primario por aplicacións xenéticas e de biotecnoloxía

A especialista en viroloxía ambiental e biomédica Pilar Domingo Calap abre este xoves o programa de relatorios organizado polo grupo Acuigen da USC co apoio da Deputación de Lugo, no marco do que tamén intervirán a investigadora do CSIC María Saura Álvarez e a coordinadora do Laboratorio de Xenómica Eco-Evolutiva aplicada á Xestión Mariña de AZTI, Naiara Rodríguez-Ezpeleta

Ler máis