A USC convoca os Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación coa finalidade de fomentar a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación —considerada como unha dimensión de calidade e innovación docente dos nosos centros, institutos e departamentos. Os premios están financiados polo Concello de Santiago de Compostela
Comunicación da ampliación do prazo Ata o 15 de xuño de 2023
Bases da convocatoria publicadas no Taboleiro de anuncios
1. Poderán presentarse á convocatoria traballos que recollan as experiencias de introdución da perspectiva de xénero, xa realizadas por membros do PDI da Universidade de Santiago de Compostela. A efectos desta convocatoria terase en conta a consideración de PDI establecida no artigo 11 dos Estatutos da USC: “A Universidade de Santiago de Compostela contará con persoal docente e investigador, integrado polo persoal funcionario dos corpos docentes universitarios e polo persoal contratado para funcións docentes e investigadoras, así como con persoal investigador en formación”. A persoa responsable da proposta deberá figurar no POD do seu departamento no curso académico 2022-2023.
2. A documentación presentada consistirá en:
- a memoria do traballo en galego, cunha extensión máxima de 25 páxinas (DIN A4), letra Calibri, tamaño 12, a dobre espazo.
- no caso de haber máis dunha persoa responsable da experiencia, é absolutamente preciso sinalar o nome dunha única persoa como “representante do equipo” así como a conformidade para a presentación da experiencia ao premio, que se manifestará mediante sinatura de todas as persoas autoras segundo o modelo que figura como ANEXO I (escrito de conformidade) da convocatoria.
- se fora necesario, entregarase material complementario (publicacións, dossier, etc.).
- toda a documentación presentarase en formato PDF.
3. Lugar de presentación da documentación:
A documentación presentarase na sede electrónica da USC na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/oix_premiospxdi.htm
4. Os premios terán dúas modalidades:
- A. Premios a experiencias docentes que teñan incluída a perspectiva de xénero.
- B. Premios para investigacións con perspectiva de xénero.
Serán premiadas un máximo de seis experiencias, tres na modalidade A e tres na modalidade B.
Modalidade A: o contido debe tratar sobre unha experiencia educativa innovadora relativa á inclusión da perspectiva de xénero na docencia, realizada no ámbito da USC nos últimos tres anos. A experiencia terá que incidir na mellora do ensino e da aprendizaxe na universidade (elaboración de materiais, aplicación de novas tecnoloxías, innovacións nas prácticas e nos programas, acción titorial, etc.) e terase en conta que sexa susceptible de ser trasladada a outros contextos de ensino superior. En todo caso, farase unha breve valoración dos beneficios que supuxo a experiencia mediante a achega de datos do alumnado. Estas cuestións deberán describirse de forma detallada na memoria do traballo.
Dado que o obxectivo do concurso é impulsarmos a perspectiva de xénero no ámbito da docencia onde aínda non está implantada, ficarán excluídas aquelas experiencias feitas ao abeiro de materias que xa incorporan no seu nome e temática a perspectiva de xénero. O propósito é a promoción da incorporación das ferramentas conceptuais e os contidos transformadores de xénero en todos os ámbitos, non premiar as materias pola súa propia natureza.
Modalidade B: premiaranse aqueles traballos de investigación desenvolvidos nos últimos tres anos en calquera ámbito do coñecemento que inclúan a perspectiva de xénero na formulación de hipótese, deseño e proxecto, metodoloxía e implementación da investigación, así como na publicación de resultados obtidos. Estas cuestións deberán describirse de forma detallada na memoria do traballo.
- Serán premiadas un máximo de seis experiencias que o xurado estime de maior calidade consonte coas bases desta convocatoria. Se o xurado o considera conveniente, poderá deixar algún ou todos os premios desertos.
Os premios estarán dotados coas seguintes asignacións:
- 1º Premio modalidade A: 1.000 €
- 2º Premio modalidade A: 750 €
- 3º Premio modalidade A: 500 €
- 1º Premio modalidade B: 1.000 €
- 2º Premio modalidade B: 750 €
- 3º Premio modalidade B: 500 €
Os premios están financiados polo Concello de Santiago de Compostela.
Estes premios serán entregados, xunto cun diploma acreditativo, á profesora ou profesor que teña presentado o traballo premiado ou que represente ao equipo no acto público de entrega, que terá lugar en Santiago de Compostela e será presidido polo reitor.
A admisión de candidaturas rematará o 31 de maio de 2023. Rematado dito prazo publicarase a relación de traballos presentados. O fallo e todas as publicacións da presente convocatoria realizaranse na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade
6. O xurado dos premios estará presidido pola delegada do reitor para a Igualdade e del formarán parte a directora do ICE, ou persoa en quen delegue (que actuará como secretaria) e tres membros do PDI da USC de diferentes áreas de coñecemento. O veredicto do xurado será inapelable.
7. Ao xurado corresponde a interpretación da presente convocatoria, así como a resolución das cuestións non previstas na mesma.
8. A participación na décimo cuarta edición dos “Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e Investigación” comporta a aceptación expresa destas bases.
-
A admisión de candidaturas rematará o 31 maio de 2023
- Ampliación do prazo de presentación ata o 15 de xuño de 2023
A documentación presentarase na sede electrónica da USC na seguinte ligazón:
O acto de entrega da XIV Edición dos Premios á introdución da perspectiva de xénero terá lugar o mércores 27 de setembro ás 12.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Avaliación do III PEIOMH. 2022
Resultados da avaliación do ano 2022 do III Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC (2021-2024)
Avaliación do III PEIOMH. 2021
Resultados da avaliación do ano 2021 do III plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC (2021-2024)
Avaliación do II PEIOMH (2014-2018)
Resultados da avaliación do II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC
Avaliación do I PEIOMH (2009-2011)
Resultados da avaliación do I Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC
III Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC (2021-2024)
Aprobado en Consello de Goberno o 28 de maio de 2021
II Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC (2014-2018)
Aprobado en Consello de Goberno o 16 de decembro de 2013
Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC (2009-2011)
Este plan nace para seren aplicado nun período trianual: 2009-2011
Recomendacións para o uso adecuado da linguaxe nas universidades
Recomendacións da CRUE-Sostenibilidade para o uso adecuado da linguaxe nas universidades