Ficha do proxecto
- Coordinación: Emilio Carral Vilariño
- Título: Certificación forestal.
- Materia: Xestión do medio natural.
- Entidade colaboradora: Comunidades de montes en man común de Froxán e Entrimo.
- Descrición: Co grupo de alumnos da materia traballouse cos criterios de sustentabilidade (social, económico e ambiental) da norma de Certificación Forestal do FSC (Forest Stewardship Council). Faise unha selección dos indicadores básicos relacionados cos tres aspectos citados anteriormente e deséñase un documento de información para os integrantes da Comunidade de Montes correspondente. O alumnado fixo unha visita á Comunidade de Froxan, e combinouno co Secretariado das mesmas para organizar a xornada de traballo na que identificar os intereses da Comunidade en relación cos procesos de Certificación e a subministración por parte deles da información técnica correspondente. Ademais recolleron información derivada da relación dos Comuneiros coa Administración e empresas forestais en referencia á produción-comercialización forestal e a ordenación de dito recurso.
O proxecto finalizou coa presentación dun documento audiovisual que foi analizado nunha aula de exposición do traballo.