- Título: Plantando cara ao lume.
- Coordinación: Agustín Merino García, Eugenio Otero Urtaza e Francisco Rodríguez Lestegás.
- Materias: Restauración de espazos degradados (Enxeñería Forestal e do Medio Natural); A natureza como medio educador e Coñecemento Xeográfico e do Medio Natural (Máster Dirección Actividades Educativas Natureza)
- Entidades colaboradoras: Centros de Investigación Forestal de Lourizán; IES Lucus Augusti (Lugo) e Colexio EP Entrimo (Ourense), TRAGSA.
- Descrición: Plantando Cara ó Lume (PCL) aborda o problema dos incendios forestais en Galicia, desde o punto de vista da educación ambiental e formación.
Galicia é a rexión Europea con maior incidencia de incendios forestais. Aínda que, debido ás melloras de prevención, o problema se reduciu, os efectos do lume sobre recursos naturais e a economía seguen sendo de gran magnitude. Aínda que a aplicación de técnicas de prevención e restauración son necesarias, estas deben de ir acompañadas por estratexias de educación ambiental. A pesar da importancia do problema, en Galicia non se ofertan programas de educación e formación que aborden a problemática dos incendios.
Nesta primeira edición de PCL os estudantes elaboraron e testaron materiais de educación e formación para aumentar a sensibilidade da poboación fronte a este problema. Aínda que en cada facultade houbo unha persoa máis implicada, a metodoloxía seguida conseguiu implicar a todo o curso. Os materiais consistiron en presentacións, guías de campo e vídeos que foron testados en institutos de secundaria, colexios, facultades universitarias e comunidades de montes afectados por incendios.
Ficha do proxecto