23 de novembro de 2023, Campus de Lugo
"Senior Innovation Lab (SIL) é unha experiencia educativa que se leva desenvolvendo os tres últimos cursos na Universidade de Santiago de Compostela para promocionar as capacidades de emprendemento e innovación arredor da lonxevidade da nosa poboación.
Ademais da formación presencial en formato hackaton (8 horas nunha sesión formativa única de mañá e tarde), a formación compleméntase con dúas sesións de traballo en liña (un kick-off meeting no que traballar as expectativas e presentar os conceptos, e unha de peche na que traballar o plan de comunicación), traballo autónomo grupal (pecha da idea innovadora e preparación da información en liña) e individual (preparación do dossier no que se recollan as distintas accións formativas e as implicacións para o proceso de aprendizaxe).
Campus de Santiago
- venres 17 de novembro de 2023
- de 09:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas
- no Centro de Estudos Avanzados, Parque de Vista Alegre, rúa Salvadas, Santiago de Compostela
Campus de Lugo
- xoves 23 de novembro de 2023
- de 09:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:00 horas
- na EPS de Enxeñaría, rúa Benigno Ledo, Lugo
Recoñecemento de créditos: 1 ECTS para alumnado de grao.
Recoñecido pola EDIUS para estudantes de doutoramento.
Experiencia formativa financiada polo proxecto DeepInventhei (https://eit-hei.eu/projects/deep-inventhei/), que coordina a Universidade de Oporto dentro da iniciativa EIT-HEI do European Institut of Technology, orientada a promover as competencias de innovación e emprendemento nas universidades europeas.
Senior Innovation Lab é unha experiencia interxeracional, na que participan alumnado de grao, master, doutoramento e IV Ciclo.
Máis información
correo-e: senior.innovation [at] usc.es (senior[dot]innovation[at]usc[dot]es)
Lugar de celebración
Centro de Estudos Avanzados, parque de Vista Alegre, rúa Salvadas, s/n, Santiago de Compostela.
Escola Politécnica Superior, Rúa Benigno Ledo, 2, Lugo
Matrícula gratuíta.
Límite de prazas con lista de agarda.
Data límite de inscrición ata o 13 de novembro de 2023, para os dous campus.
9:30 Inicio da sesión de mañá. Presentación da xornada
9:45 Dinámica de activación
10: 15 Escoller as ideas / retos sobre os que traballaremos
11:00 Buyer Persona
12:00 Primeira versión da Proposta de Valor
12:30 DAFO da proposta
13:00 Mellora da Proposta de Valor
13:45 Dinámica de peche
14:00 Peche da sesión da mañá
16:30 Inicio da sesión de tarde. Testimonios de entidades e empresas innovadoras.
17:00 Business Model Canvas
17:45 Plan de Acción
18:30 Prepararación de Elevator Pitch
19:20 Presentación de Elevator Pitch
19:50 Deliberación e entrega de diplomas.
20:00 Peche da xornada
Realizaranse ademais dúas sesións de traballo online, unha previa ó hackaton, para traballar as expectativas e motivación arredor do Senior Innovation Lab, a unha posterior ó hackaton, en grupo pequeno, sobre as posibilidades de comunicación e traballos futuros arredor da idea innovadora.