Ir o contido principal
A Fundación Artesanía de Galicia, o SEPIU e a o Proxecto de ApS Hermés teñen converxido nun proxecto común que pretende poñer en valor as prácticas educativas que se fan desde centros de educación especial como o CEE Manuel López Navalón.
Educación, Artesanía e Inclusión

Nesta singradura están tamén diversas entidades que traballan para lograr unha inclusión real de persoas con diversidade funcional a partir do aproveitamento dos recursos endóxenos deste e a artesanía. Por iso, e no marco do peche do citado proxecto de aprendizaxe-servizo (Proxecto Hermés), presentaranse os traballos do alumnado da actividade de ApS. Tamén terá lugar a exposición dos produtos elaborados polo estudantado dos diferentes programas formativos de F.P. (carpintería, cerámica, costura, cultivos agrícolas e servizos de restauración) do centro CEE Manuel López Navalón e tamén a mostra de entidades que traballan para a venda de produtos artesáns realizados por persoas con diversidade funcional.  

Asemade, coa celebración desta xornada procúrase a posta en valor da actividade profesional e social de diferentes entidades do ámbito da discapacidade e a promoción e difusión dun novo modelo de inserción laboral das persoas con diversidade funcional xunto coa Fundación de Artesanía de Galicia. Así, dúas entidades do sector que realizan pezas de artesanía co selo de Artesanía de Galicia exporán os seus produtos na xornada.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2024.