"Móvete polos ODS"
Convocatoria da IV edición concurso de vídeos "Móvete polos ODS"
Con este Concurso preténdese ademais sensibilizar á comunidade universitaria, e á sociedade en xeral, sobre a importancia de que todas as persoas formemos parte da solución aos grandes retos mundiais sobre a desigualdade, o cambio climático, a perda da biodiversidade, etc...
O Concurso está aberto a vídeos de 1 min de duración en formato mp4, coa temática de como se pode contribuír individualmente á consecución dalgunha das 169 metas nas que se materializan estes obxectivos.
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento está conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia, sendo o seu principal obxectivo e fortalecer a posición das tres universidade de Galicia como axentes de cooperación.
Os premios están dotados das seguintes contías:
- 1º Premio ao vídeo máis votado en youtube: 550 €
- 2º Premio ao segundo vídeo máis votado en youtube: 350 €
- 3º Premio ao terceiro vídeo máis votado en youtube: 200 €
- Premio á innovación: 400 €
Participantes
Poderán presentarse ao certame de maneira individual ou en grupo, todo o alumnado matriculado nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña no curso 2024-25.
Requisitos técnicos dos vídeos
O vídeo debe durar 1 minuto como máximo.
Pode ser en cor ou en branco e negro.
Resolución: 1280x720p aínda que a ideal é 1920x1080p.
Temática
Este concurso pretende convidar ás persoas participantes a mobilizarse e comprometerse fronte aos grandes retos mundiais actuais como son o cambio climático, as desigualdades sociais e de xénero, a perda da biodiversidade, a escaseza de auga, entre outros.
A temática terá unha relación directa coa contribución individual ou de cada organización á Axenda 2030 e ós seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A documentación presentarase na sede electrónica da Universidade da Coruña.
Pasos
1. Achegar por sede o formulario cuberto
A solicitude realizarase preferentemente pola sede electrónica da Universidade da Coruña https://sede.udc.gal/ dirixido á vicerreitoría con competencias en Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (Vicerretoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social no momento da publicación da convocatoria).
Utilizarase como formulario para a presentación o modelo instancia xenérica:
A solicitude presentarase no modelo xenérico da Universidade aportando a seguinte información:
Asunto: Concurso "MÓVETE POLOS ODS" DA REDE GALEGA DE COOPERACIÓN UNIVERSITARIA PARA O DESENVOLVEMENTO:
- Título do vídeo.
- Breve explicación do vídeo con referencia aos ODS da axenda 2030 abordados.
- Datos da persoa participante:
- Nome da persoa participante.
- Universidade de procedencia.
- Dirección de correo-e.
- Teléfono de contacto.
- Nº de conta bancaria para o pagamento.
Se durante o procedemento de presentación de solicitudes, tes calquera dúbida ou problema para subir o vídeo, por favor contacta con : ocv [at] udc.gal (ocv[at]udc[dot]gal)
Prazo de presentación
O prazo de presentación permancerá aberto dende o día seguinte da publicación da convocatoria ata as 23:59 do outubro de 2024.