Ir o contido principal
Voluntariado en iniciativas culturais.

Proxecto de voluntariado nacido da colaboración entre a Fundación Anade e a Asociación Pinchacaneiros.

A fundación Anade ten como obxectivo  a integración social e laboral de persoas con discapacidade ou enfermidade mental a través do desenvolvemento de actividades culturais.

A Asociación Os Pinchacarneiros traballa para mellorar a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.

Ofrécese a posibilidade de participar como voluntarios e voluntarias en actividades teatrais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.04.2024.