Accións de voluntariado con persoas da Terceira idade impulsadas por Cruz Roja (Lugo).
Acompañamento a persoas maiores
O voluntariado consiste en dar un paseo, aproximadamente de 1 hora, nun horario fixado previamente. Cando as usuarias o solicitan tamén se lles pode acompañar a consultas médicas, á farmacia...
Tamén existe outra opción de realizar unha chamada telefónica a unha persoa maior para saber se precisa algo ou simplemente para facer fronte á a soidade. Neste caso é sempre polas tardes.
Antes de acudir á sede de Cruz Vermella é moi recomendable enviar o formulario de voluntariado dispoñible na web para que coñezan os teus intereses e podan atender a túa consulta máis facilmente.
Na web de Cruz Vermella encontrarás información detallada sobre o voluntariado en Lugo e no resto de localidades, Burela, Chantada, Monforte, Ribadeo, Sarria e Vilalba