Ir o contido principal
Iniciativa de voluntariado no BALRIAL.

O Banco de Alimentos é unha organización sen ánimo de lucro que ten como obxectivo principal a consecución e aproveitamento dos alimentos excedentarios coa intención de facerllos chegar aos Centros Asistenciais e, a través deles, ás familias e ás persoas necesitadas. Tamén organizan as “operacións quilo”, que só se fan en certas épocas do ano e duran dous días (venres e sábado) no horario de apertura habitual dos supermercados colaboradores.

Os seus fins son:

  • Contribuír a reducir a fame na provincia.
  • Educar e concienciar á poboación sobre a problemática alimentaria e as súas alternativas de solución.
  • Desenvolver a conciencia social solidaria, instalando o principio de responsabilidade social compartida.
  • Prover aos comedores sociais, fogares de anciáns, fogares de nenos e outras institucións e entidades de ben público de alimentos sans e nutritivos.
  • Involucrar ao sector empresarial para comprometelo en accións de responsabilidade social mediante a achega de doazóns de produtos excedentes non comercializables.
  • Impulsar axudas e doazóns monetarias de particulares e empresarios destinados a soster o proxecto.
  • Promover e difundir solucións posibles para superar a problemática da fame.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.09.2024.