Organización sen ánimo de lucro que traballa actualmente na comarca de Santiago de Compostela e concellos limítrofes con minorías étnicas.
Arraianas intervén en diversas áreas, prestando atención ás persoas migrantes e ás mulleres, de cara a favorecer a igualdade de oportunidades e á súa participación activa na sociedade.
Son un equipo interdisciplinario formado por persoas con diversas bagaxes profesionais, o que lles permite ofrecer unha serie de servizos especializados como son a atención xurídica, social, psicolóxica, socieducativa e sociolaboral.
Voluntariado en intervención
Apoiando ao equipo técnico da entidade en diversas áreas como poden ser:
- Na realización de obradoiros e/ou reforzo socioeducativo a menores participantes do programa de Conciliación A Tribo.
- No desenvolvemento de clases de inglés para as/os menores participantes do programa de Conciliación A Tribo.
- Na realización de obradoiros a persoas participantes da entidade na área de inclusión social e laboral.
- No acompañamento das persoas migrantes participantes dos programas no seu proceso de adaptación á sociedade de acollida.
- Na actividade da Horta de Arraianas.
- Actividade de desenvolvemento das competencias Dixitais e adquisición do idioma.
- Apoio ás persoas participantes na preparación de exames oficiais.
- Horario: de luns a venres, variable en función da actividade.
- Prazas: 15
Voluntariado en xestión
Apoiando no traballo que se desenvolve en oficina como:
- Nas campañas de sensibilización así como apoio para o mantemento e xestión das redes sociais.
- Mantemento da páxina web así como das aplicacións informáticas da entidade.
- Xestión documental e actividades administrativas ou loxísticas.
- Horario: de luns a venres, variable en función da actividade.
- Prazas: 5
Voluntariado en mediación intercultural
Apoiando ao equipo técnico da entidade na:
- Tradución de documentos a diferentes idiomas.
- Apoio na tradución simultánea de cara a favorecer a comunicación con persoas que non dominen o noso idioma.
- Horario: de luns a venres, variable en función da actividade.
- Prazas: 10