Iniciativa de voluntariado ambiental
A Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo conta cun programa de voluntariado no que poder coidar e socializar os cans do albergue. Tamén durante o verán!
Como voluntaria/o podes colaborar na difusión de campañas de adopción de animais da Protectora, campañas de recollida de alimento ou realizar labores que contribúan a un bo funcionamento do albergue (limpeza, alimentación, paseos etc.) Horarios actualizados na web da entidade.
- Horario para voluntariado no albergue: de 12 h a 16 h (xoves e domingos pechado).
- Horario de verán: de 12:00 h a 18:00 (luns, martes, mércores); de 12 h a 16:00 (xoves e venres)