Iniciativa de voluntariado no eido da saúde mental.
A Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais foi creada en xullo de 1994 coa finalidade de promover a recuperación dos enfermos mentais, a súa integración social, a mellora da asistencia e da súa calidade de vida, así como para a defensa dos seus intereses e dereitos.
As actividades desenvólvense no centro da asociación que está na Rúa Campo do Forno, 1 - Baixo, na zona vella de Compostela.
Programa Aprender a aprender
Axudar a estudar ás persoas que retoman os seus estudos.
- Horario: a convir entre a/o usuaria/o e a persoa voluntaria.
- Prazas: 2 (COMPLETO)
Programa de Integración Social
Acompañar e dinamizar, paseando, vendo algunha exposición ou tomando un café.
- Horario: a convir entre a/o usuaria/o e a persoa voluntaria.
- Prazas: 2 (COMPLETO)